Sobre o autor/a:

Xoaquín Fernández Leiceaga. Nado en Noia en 1961. Casado, con dous fillos. Profesor universitario de Economía na Universidade de Santiago. Investigador en economía rexional e federalismo fiscal. Autor de varios ensaios sobre economía e política en Galicia. Foi tenente de alcalde en Noia e Santiago e deputado no Parlamento de Galicia polo PSdeG.

 

Sipnosis:

Febreiro de 1989. Tras o atentado contra un cuartel da Garda Civil, o comisario Miguel Santos, coñecido por afastarse dos métodos empregados pola anterior policía franquista, ocúpase da investigación. A detención do grupo independentista autor do feito é obxectivo prioritario do goberno español. Ás implicacións políticas para a democracia axiña se han engadir as consecuencias na vida dos militantes do grupo armado e dos seus achegados. Mariló rexenta o bar familiar e ten o seu irmán agonizando no hospital, onde unha visita do comisario Santos, que acaba de ser pai, vai desdebuxar os límites do convencionalmente esperable. Persecucións, interrogatorios, vidas demoucadas: a trama penetra no ambiente sindical e estudantil compostelán para deixar á vista a cicatriz perenne da liberdade.