SOBRE A AUTORA

É unha escritora estadounidense, autora de varios libros de poesía e dunha triloxía de memorias, iniciada en 1995 coa publicación do club dos mentireiros, libro » best- seller» do New York Times durante máis dun ano. Escribe en diferentes medios como The New Yorker, The Atlantic, Poetry e Parnassus. É profesora de Literatura na Universidade de SiracusaMary Karr (Grove, Texas, 1955) tiña catro anos cando o seu pai, ao final da súa xornada laboral na refinería de petróleo onde traballaba, leváballa con el aos antros onde quedaba para beber, xogar ás cartas e intercambiar historias cos seus amigos, broncos texanos excombatientes da Segunda Guerra Mundial. Despois de Texas virían outras paisaxes: as drogas e o surf en California; a escena punk durante os anos do college, en Minnesota; Vermont, onde cursou un máster en escritura creativa e coñeceu ao seu futuro marido, poeta como ela.

 

SIPNOSIS

A tragicómica nenez de Mary Karr nunha localidade petroleira do leste de Texas preséntanos a uns personaxes tan misteriosos como divertidos: un pai bebedor, unha irmá que con doce anos plántalle cara a un shériff, unha nai cunha infinidade de matrimonios ás súas costas –e cuxos segredos ameazan con destruílos a todos–. Precisamente, será a nai, ese personaxe marabilloso, quen se converterá ao longo do libro na clave desta gran historia, desta novela autobiográfica e inesquecible. Un libro mítico sobre os anos 60 e unhas vidas moi singulares, tan eloxiado pola crítica como polos lectores.

 

RESEÑA

É unha novela autobiográfica, a protagonista crece en un ambiente disfuncional.Gústame a historia, aínda que ás veces desconcerta pola forma de narrar, reflicte moi ben a época, a vida dun pobo pequeno americano nos anos 60, cunha familia desestructurada que pode chegar a pensar que o futuro da protagonista sesa incerto , pero como o ave fenix rexorde das cinzas e esa loita pola súa vida, polo seu futuro , esa superación é o que fai que esta historia sexa emocionante e digna de ler.