SOBRE O AUTOR

James Edward Rhodes naceu nunha familia xudía de clase alta en St. John’ s Wood, no norte de Londres. Estudou no Arnold House School, un colexio privado para mozos onde sufriu abusos sexuais por parte do seu profesor de educación física, o cal faleceu antes do xuízo. Nesta situación Rhodes sufriu tanto mental como fisicamente, o cal lle produciu unha desorde alimenticia, danos na súa columna vertebral e trastorno por tensión postraumática

Posteriormente tomou clases de piano, pero non progresou máis aló do terceiro grao e aprendeu principalmente dunha forma autodidacta. Ingresou nun internado local e máis tarde entrou no Harrow School, onde estudou co profesor de piano Colin Stone desde os 13 anos en diante. Durante esta época participou no programa televisivo BBC Young Musician of the Year da cadea nacional, pero non pasou da segunda rolda. En 1993, obtén unha bolsa para o Guildhall School of Music and Drama. Desde 2017 reside en Madrid,

 

SIPNOSIS

A música foi a súa salvación. James Rhodes foi vítima de abusos durante a súa infancia e a súa vida estivo marcada por esa traxedia. Escoitar a Rajmáninov en bucle durante a súa adolescencia e descubrir o Adagio de Bach nun á psiquiátrica axudoulle a combater os seus demos e a transformar a súa vida. James Rhodes é un dos máis eminentes concertistas de piano da actualidade e un gran renovador da música clásica. Protagonizou documentais para a BBC e Channel 4, escribe en The Guardian e ofrece recitais en todo o mundo. «Instrumental» son as súas memorias, que viron a luz en Reino Unido despois de que o Tribunal Supremo levantase o veto que pesaba sobre a obra.

 

RESEÑA

É unha autobiografia dun pianista, e cóntanos como a música salvoulle a vida, sen ela hoxe non estaría aqui. Sufríu de neno abusos sexuais por parte dun profesor de ximnasia  durante cinco anos, a partir de aí, tivo trastornos físicos e mentais, adiccións, é unha historia traúmatica e de superación que nos vai acompañar cada capítulo cunha peza musical…

Penso que unha lectura que pode axudar a outras persoas, é duro pero tamén é amable, é triste pero tamén tes risas, o que si é certo, non deixa indiferente